Saltar al contenido

Celta Zorka da a cara ante Ensino Lugo (74-80)

O equipo de Cantero, sen Raquel Carrera, estivo por diante a falla de dous minutos

MAQUINARIA DURAN ENSINO (80): Starr Breedlove (23), Regina Gómez (7), Jay-Ann Bravo (3), Fiona O´Dwyer (12), Britanny Miller (14) –cinco inicial- Rocío Varela (1), Claudia Calvelo (8), Laura Aliaga (12), Sara Cuíña (0) y, Marina Canzobre (0)

CELTA ZORKA (74): Anne Senosiain (19), Tamara Montero (5), Adrienne Motley (13), Itziar Germán (8), Hildur Kjartansdöttir (16) -cinco inicial- Ainhoa Lacorzana (11), Lucía Fontenla (0), Paula Ahuja (0) y Cristina Freire (2).

PARCIAIS: (30-21) (19-20) (17-13) (14-20)

ARBITROS: Laura Piñeiro, Jaime Álvarez y Diego Domínguez. Senalaron 26 faltas a Maquinaria Durán Ensino y 23 a Celta Zorka

INCIDENCIAS: Primera semifinal da Copa Galicia 2018-19 desputado no pavillón de deportes de A Malata (Ferrol) ante 100 persoas.

Celta Zorka deu a cara na semifinal de Copa Galicia que se desputou en Ferrol na tarde do venres. O equipo celeste, con baixas importantes no seu plantel, estivo a piques de dar a sorpresa ante un equipo que xogará a tempada que ven en Liga Feminina-1 e a falla de dous minutos púxose por diante. A equipa de Juan Nécega ascendeu a tempada pasada na fase de ascenso desputada na cidade de Valencia.

A ausencia por lesión de Raquel Carrera condicionou os plantexamentos de inicio de Cristina Cantero. Sen dúas pívots, xa que Elo Efederioka xogou hoxe os cuartos de final do Campionato do Mundo, o equipo tratou de correr sempre que puido e fixo que o partido só se puidese decidir no final.

No primeiro cuarto, o acerto dende a liña de tres do Ensino propiciou as primeiras ventaxas para as lucenses. Ata catro triplas sen erro acadaron as pupilas de Nécega neste cuarto, para coller ventaxa no marcador (22-12 min 7). No lado vigués, Hildur Kjanstandöttir pelexaba coma única xogadora interior ante as torres lucenses (Murphy e Calvelo). Os trinta puntos anotados por Lugo no parcial, cunha inspirada Breedlove ós mandos, desbordaron ás celestes que malia todo chegou ó final do primeiro cuarto con tan só nove puntos de desventaxa.

Xa no segundo cuarto, as forzas se mantiveron equilibradas. No minuto 15 Itziar Germán cometía a terceira falta persoal e obrigaba a xogar sen pívots (41-29). Nese intre Anne Senosiain destapou o mellor do seu xogo e con oito puntos consecutivos (dúas triplas e outro tiro “pisando” a liña), acercaba a Celta Zorka ao seu rival (44-37). Os últimos minutos xogando con cinco “pequenas” entre elas Cristina Freire, as olívicas puxeron en valor a súa defensa e o coraxe vigués para receber a chegada do descanso con vitoria do equipo de Lugo (49-41) e gañando o parcial as celestes.

O bo arranque de Celta Zorka tralo descanso provocou un acercamento, tras boas xogadas de Motley. Até tres ataques tiveron as celestes para chegar a empatar. Catro minutos tardaron as lucenses en anotar. Pero as malas novas chegaban nas faltas persoais, de Itziar Germán (4) en Hildur Kjarstandöttir (3) que condicionaban as rotacións. Ensino amosaba a calidade das xúas xogadoras e Regina Gómez asumiu tamén os seus galóns, para despegar de novo ó seu equipo ata os 14 puntos ó final do terceiro cuarto.

Semellaba que o partido estaba rachado xa para o Maquinaria Durán Ensino, mais foi algo lonxano da realidade. Trala eliminación de Itziar Germán por faltas persoais no minuto 32, o equipo de Cantero aferrouse a facer un esforzo defensivo de maior envergadura. Xurdiu nese momento o Celta Zorka que máis se coñece. Un equipo atrevido na súa proposta, converteu o partido nun correrúas e cunha soa pívot, endosou un parcial de 0-11 que levou a pórse por diante o equipo vigués cando só remataban 2:30 para o final do partido. Co medo no corpo lucense, Nécega abandonou as rotacións e tivo que pedir un tempo morto para replantexar o seu xogo. Nos dous últimos minutos, as forzas se botaron en falla no equipo vigués, que acosou o esforzo. Chegou a entrar no último minuto cun só punto de desventaxa, pero a experiencia das xogadoras estranxeiras do Ensino decidiu o encontro. As lucenses dende a liña de tiros libres sentenciaron o encontro, ó que se chegou cun marcador final de 80 a 74.

Celta Baloncesto Femenino. 2023

secretaria@celtabaloncesto.com