Rosa Patiño, premiada por MUDEGA

O Venres pola tarde no Pazo Provincial de Pontevedra se celebrou a V edición da Gala do Deporte Feminino Galego, no que se premia a diversas mulleres que traballan no eido do deporte galego. Os premios son promovidos pola asociación Mudega (mulleres deportistas galegas) e nel se recoñecen a laboura das homenaxeadas en prol do deporte feminino galego.

No ámbito das de deportistas foron premiadas Tamara Echegoyen (vela, mellor deportista 2016), Ángeles Barreiro (atletismo, traxectoria profesional), Susana Rodríguez Gacio (triatleta, mellor deportista con diversidade funcional) e Irene Blanco (haltera, mellor promesa).

Outros galardoados foron Ruth Ballesteros (esgrima, mellor adestradora), María Bautista (taekwondo, mellor xuiza), Pescamar (mellor entidade privada colaboradora) e Oscar Losada (periodista).

No ámbito dos periodistas tamén foi galardoada Paula Montes, xogadora do clube na sua mocidade. O premio para a mellor muller directiva foi para Rosa Patiño, que foi secretaria do Bosco Celta dende a súa fundación ata este mesmo verán. Un motivo de satisfacción para a nosa familia celeste que tras tantos anos de traballo para o clube, a sua laboura comece a ser tamén recoñecida neste premio.

¡Noraboa!

@NanoAmeneiro