O próximo fin de semana xogárase unha nova edición da Copa Galicia de Baloncesto. A gran festa do deporte galego trasládase á capital da comunidade autonóma para congregar ós catro millores equipos de Galicia en busca do primeiro título da tempada.
Á competición acuden os tres equipos sobranceiros actualmente no basquet galego e que desputan a Liga Feminina Endesa. Durán Maquinaria Ensino, BAXI Ferrol e Celta Zorka Recalvi compartirán con Mariscos Antón Cortegada, ganador da pre-fase dos equipos de Liga Feminina-2, o cartel da fase final da XXXVI edición do torneo.
Celta Zorka Recalvi leva doce anos sen vencer na mesma. Os mesmos anos que fai que non xoga na primeira división do baloncesto nacional. Certo é que a competitividade nesta ocasión é máxima ao darse o fito histórico de tres equipos galegos en L.F. Endesa. O último campión foi o BAXI Ferrol, que foi quen de derrotar ao Durán Maquinaria Ensino aínda estando en Liga Feminina Challenge.
A novidade do equipo olívico reside na presenza da última fichaxe, a croata Nina Premasunac. Espérase que poida desfrutar dos seus primeiros minutos coa camisola celeste sobre o parqué picheleiro. Será na segunda semifinal que enfronta ás celestes a BAXI Ferrol
XXXVI Copa Galicia Baloncesto. Temporada 2023-24 2º Semifinal, 29 de Setembro de 2023, 20:30 horas BAXI Ferrol – Celta Zorka Recalvi Pabellón Municipal Santa Isabel (Santiago de Compostela) Entrada de balde. TV: YouTube FegabaTV |