Esta mañá se celebrou na Casa do Deporte da Xunta de Galicia en Vigo, a rolda de prensa do noso partido contra a violencia de xénero, coa presenza de Cristina Cantero, Carlos Álvarez, Andrea Boquete, María José Táboas e José Manuel Freire Piñeiro, coordinador de deporte escolar da Xefatura Provincial de Vigo da Secretaría Xeral como poñentes.
Durante o acto, Cristina Cantero destacou a importancia de que un club feminino como o noso continúe visibilizando unha lacra que segue afectando ás mulleres na actualidade. Tamén sinalou que agardan unha boa asistencia no encontro do domingo, co desexo de vivir “unha auténtica festa na Casa do Basket”.
Por outra parte, José Manuel Freire Piñeiro agradeceu ao club o seu compromiso por dar visibilidade a campañas fundamentais para garantir a igualdade no deporte.
Andrea Boquete lembrou que “esta é unha loita de todas e todos” e explicou que o domingo “será un día moi especial”, expresando tamén o seu desexo de ver moita afección en Navia apoiando ao equipo.
O partido ante Lima Horta Barcelona será as 12:30, no pavillón de Navia.
