Na tarde do mércores celebrouse a grabación do programa de radio “Convivir deportivo” da Radio Galega. O programa fai unha retrospectiva da historia dos diferentes clubes e modalidades deportivas da nosa xeografía en Galicia, e co gallo do seu capítulo 97, visitou a nosa cidade para facer unha leitura do baloncesto feminino vigués.
O acto, celebrado no Salón Rexio de A Sede do R.C.Celta na céntrica rúa do Príncipe, foi conducido polo xornalista especializado en baloncesto Alfonso Pardo. Na mesa principal estiveron presentes Carlos Álvarez, presidente da nosa entidade RC. Celta- Bosco, Cristina Cantero, adestradora de Celta Zorka, o vicepresidente do RC. Celta S.A.D. Ricardo Barros, xunto co presidente da federación galega de Baloncesto, Francisco Martín e o veterán xornalista vigués, Antonio Estévez.
O programa, que se emitirá o próximo sábado pola mañá (12 A 13 horas na Radio Galega), fixo unha emotiva lembranza da presenza do baloncesto feminino en Vigo. O repaso comenzou co Celta Feminino que enchía o pavillón das Travesas no fin da década dos 70´, ca testimuña de Vicente Rodríguez “Cholas”, adestrador naqueles tempos e na primeira liga celeste no pavillón do Berbés no ano 1999. Tamén participaron no programa Carlos Colinas, Director Deportivo da entidade céltica, e a través de chamada telefónica conectouse co adestrador Miguel Méndez, actual técnico do campión europeo, o Ekaterimburgo ruso e o adestrador con maior presencia no banquiño céltico dende a sua refundación, así como con Pilar Valero, xogadora con maior número de participacións coa casaca celeste e que actualmente reside no seu Zaragoza natal.
O eixo fundamental do programa xirou en torno a figura de Paco Araújo, coincidindo co terceiro aniversario do seu pasamento. Foi o fío conductor da charla, na que se repasou os feitos máis singulares da existencia do C.D. Bosco dende a súa refundación en 1996. Tamén recordáronse as figuras de José Manuel Gómez Carballo, primeiro presidente da entidade, e do vicepresidente Camilo Pérez, ambos falecidos en accidente de estrada en Marzo de 2001.
O peche do acto xirou en homenaxe a nosa canteira e a xove xogadora alevín de La Academia Celta Grupo Viqueira Antía González respostou a unas preguntas do programa. O acto foi moi sentido con a presenza das xogadoras do primeiro plantel e nutrida presenza de amigos do clube, coma os numerosos xornalistas que arrouparon ó clube.
O noso agradecemento ó RC.Celta por acollernos na súa sede e á Radio Galega por termos en conta para protagonizar ó seu programa “Convivir deportivo”.