Saltar al contenido

Confirmada a sede da Copa Galicia

A XXXVII edición da Copa Galicia femenina xa coñece a sede e os horarios dos seus encontros. Aa federación galega ven de comunicar o calendario definitivo e as súas localizacións nesta atípica edición, condicionada pola eliminatoria previa da EuroCup, que ten que xogar o BAXI Ferrol.

No referente ao Celta Femxa Zorka, o equipo de Cristina Cantero xogará a segunda semifinal en orde temporal na tarde do venres 27. A cercana vila de O Porriño será a sede tanto da semifinal celeste como da final, o que permitirá ó siareiro vigués de ter as primeiras impresións do equipo vigués de primeira man.

O clube vigués non gaña este trofeo dende o ano 2011, sendo o máis galardonado con 12 preseas dende a creación da Copa alá polo 1987: Ese ano un equipo vigués, o Círculo Mercantil, facíase coa primeira edición do campionato.

Semifinal 2: 12/09/24 20.00 hrs. Pabellón Municipal de Pontevedra: ARXIL – BAXI FERROL

Semifinal 1: 27/09/2024. 19:30 hrs: Pavillón Municipal de O Porriño: DURAN MAQUINARIA ENSINO – CELTA FEMXA ZORKA

FINAL: 29/09/24 18.00 hrs. Pavillón Municipal de O Porriño: Gañador (1)-Gañador (2)

Celta Baloncesto Femenino. 2023

secretaria@celtabaloncesto.com