Foto: Frederick Ortiz (Celta Baloncesto).
A CRÓNICA
Celta Femxa Zorka non foi quen de pór en apuros ao vixente campión da competición, o Durán Maquinaria Ensino, e caíu derrotado sen contemplacións ante as lucenses. Se ante o Spar Gran Canaria o Domingo pasado non puido contar coas súas dúas bases da primeira plantilla, onte o equipo estivo limitado no xogo interior. A ausencia da nixeriana Blessing Edjofor se sumou á non participación de Luize Sila, que foi preventivamente reservada por Cristina Cantero.
No arranque do partido xa se amosou que hoxe non ía ser o partido do Celta. O equipo estivo con baixos porcentaxes de acerto durante todo o encontro e en ningures amosou unha boa xeira de xogo. O Ensino mandou dende o comenzo e Cantero tivo que deter o partido xa no minuto 7 con (16-10) no marcador. A defensa non foi todo a agresiva que debera ser, e un parcial de 11-2 tralo tempo morto marcaron as primeiras grandes distancias no partido (27-17).
Nas filas de Ensino brilaba Claudia Soriano, que fixo un gran encontro. Non foi un tema de balance defensivo vigués, coma sucederá ante o Spar, senón de perdas en zonas delicadas as que puñan en dificultade as viguesas. Cooper e Samson levaban o equipo ás costas. Mediado o segundo cuarto Cantero chamaba a filas ás súas, que chegaron ó descanso por detrás (45-31) ante un equipo no que as bases tamén acusaban a falla de ritmo nos últimos encontros,
O terceiro cuarto foi unha continuación dos anteriores. Ensino mantiña as distancias cun Celta no que Samantha Cooper continuaba a ser a mellor. Nembargantes, a canadiana cometía a cuarta persoal. Sen Sila e Edjofor, o xogo interior resentíuse. Do 61-51 esperanzador tras canastra de Sara Vidal, atravesouse o intervalo entre o terceiro e o cuarto parcial a un 71-51 clarificador. Ensino rompía o partido cun Celta que semellou baixar os brazos xogando sen pívots durante uns intres, esperando mellores ocasións no futuro. A excéltica Fecquiere e Rachel Howard dende o exterior puñan a calidade para, silenciosamente, certificar a victoria do equipo lucense. A resistencia viguesa a puxo Haidara, que rematou con 15 puntos. Paula Salinas puido xogar uns minutiños no que é o seu fogar como clube de formación ante os seus. Chegábase ó resultado final de 80 a 68 que clasifica ó Durán Maquinaria Ensino para a final do Domingo en O Porriño.
LOS DATOS
DURAN MAQUINARIA ENSINO (80): Claudia Soriano (17), Maria Joao Bettencourt (2), Alexadra Mollenhauer (7), Elba Garfella (7), Lydia Gyomi (11) –cinco inicial- Esther Castedo (3), Cecilia Muhate (8), Laura Rachel Howard (13), Jessica Fecquiere (12) e Bea Sánchez (0).
CELTA FEMXA ZORKA (68): Matea Tadic (0), Clementine Samson (9), Maimouna Haidara (15), Sara Vidal (2), Samantha Cooper (19) -cinco inicial- Brynna Maxwell (5), Uxía Rodríguez (0), Ariadna Pujol (4), Laia Moya (8), Lucía Gutiérrez (6), e Paula Salinas (0).
PARCIAIS: (27-17) (18-14) (20-20) (15-17).
ÁRBITROS: Alejandro Pellitero, Laura Piñeiro y Jaime Álvarez-Ossorio.
INCIDENZAS: Segunda semifinal da XXXVII Edición da Copa Galicia Senior Femenina disputada no Pavillón de Deportes Municipal de O Porriño, cunha boa entrada.